segunda-feira, 17 de janeiro de 2011

OS CATRO CHEFES DA CASA DE GINGIZ



Onde o vento vai, vai o primeiro,
fillo escolleito e raudo no cabalo.
-Apousa, príncipe, no chan a testa
e coróate coas areas do deserto.

E ti, o segundo chefe, ergue a tenda
con teas tecidas con fíos de medo.
-A noite quéixase no teu fráxil sono
coma o fálcon de El rei na luva moura.

Bebía viño quete en copa de ouro, o terceiro,
cando unha espada lhe furou a gorxa.
Rubio viño e rubio sangue nas mans e nas rosas,
e nas estrelas, ás que chamaba polo seu nome.

E o cuarto, meu amado señor, agora fuxitivo,
a quen se gaba coa pomba e a gacela,
ese pra quen grilandas de camelias
se trenzan silandeiras nos quenlles do serán:

Unha sombra que semellasndo a Orestes
virá un día á praza, onde os que vendem
espadas e cancións, poldros e vasos,
descobren, se el sorrí, que é amargue o dátil.

A casa de Gingiz finouse hai mil anos.
Seus catro reis xacen nun oasis,
e a docíssima auga das dez fontes
escorre polos canos dos seus ósos.

ÁLVARO CUNQUEIRO

Sem comentários:

Enviar um comentário