segunda-feira, 17 de janeiro de 2011

UN HOME QUE DESPERTA

Algo así dirá Deus: Pastor, voute vestir de luz
a terra que asosegas coas túas ovellas pardas
vouna despertar
facéndolle volver o enrugado rostro
cara a onde nace o día.

A lúa dice adeus
termando das estrelas que foxen.
Mollas no fonte os ollos e polos teus soños
coas mans baleiras pregúntaste
como matinabas ter deitada unha muller ao teu cáron
tal un longo camiño ou un calado lume.
Ao traveso da porta aberta
volves nirar se aínda fica no leito
semellando un suave pano branco
agás a longa cabeleira
que é parte do tesouro da noite.
Alégrate porque o dia ten bosques
as hedras esfarélanse cando unha ollada de amor
pasa na sombra dos carballos
pro gastarás o día, a noite e maila morte
sen atopar endexamais no chan o anelo de ouro.
Quizabes pra esto non facía falla
que Deus te despertase e fixese a luz.

Sem comentários:

Enviar um comentário